INVITADOS CONFIRMADOS

François Alliot
Diretor creativo e desenvolvedor
Fundou Nerial en 2015 e publicou Reigns ao ano seguinte xunto con Arnaud De Bock. Dende entón, o estudo creciu e creou máis Reigns (Her Majesty, Game of Thrones con HBO, Beyond, Three Kingdoms) ao mesmo tempo que colaboraron con outros creativos en experiencias narrativas tan únicas como extrañas: Card Shark con Nicolai Troshinsky e Crush House con Nicole He.

Jon Ingold
Director Narrativo
Jon Ingold é o co-fundador e director narrativo de Inkle, estudio independente de xogos narrativos con varias nominacións aos BAFTA e títulos como 80 Days, Heaven's Vault ou, máis recientemente, Expelled! Tamén co-diseñou o lenguaxe de programación Ink. Vive en Cambridge, Reino Unido

Lorenzo Redaelli
Autore de videoxogos e música
Lorenzo Redaelli (EYEGUYS), artista multimedia con base en Milán. En 2023 gañou o premio Excelencia en Narrativa nos IGF pola novela visual Mediterranea Inferno. Mesturando a música e artes visuais, EYEGUYS afánase en crear mundos que expoñan a cruda esencia da existencia humana.

Ananda C. Arán
Concept Artist
Concept artist cunha década de experiencia traballando en xogos, animación, cine, VR e arquitectura, maiormente como freelance. Traballou para Axis Studios, Riot Games e Atomhawk entre outros.

Alba Calvo
Tradutora de videoxogos
Tradutora autónoma que se dedica á localización de videoxogos dende fai máis dunha década, con máis de 700 títulos ás súas costas. Compaxina esa faceta coa docencia, o doutorado, a divulgación en prensa especializada e a vicepresidencia da asociación Videoxogo.gal.

Ana Aboal Beloso
Xefa creativa de marketing en Secret Mode, Sumo Digital
Leva traballando na industria dende 2014. Comezou en prensa e pasou por varios roles en marketing, dende redes sociais e community management a producción de marketing e xestión de proxectos. Traballou para empresas como Electronic Arts e Ubisoft e viviu o lanzamento de Nintendo Switch durante o seu tempo traballando en Nintendo Europa.

Celer Gutiérrez
Compositor e deseñador de son
Traballa en videoxogos dende 2014, creando a música e o son en proxectos como: Scarf, A Place for the Unwilling, Sushi for Robots e Tiny Garden. É cofundador de Uprising Studios, onde realiza tamén labores de dirección e produción.

Gius Caminiti
Desenvolvedor de videoxogos indie en solitario
Leva 10 anos facendo xogos, maioritariamente en solitario pero tamén nunha empresa como programador de xogos e levando a cabo proxectos para terceiros como freelance.

José Raluy
Desenvolvedor, productor e director de desenvolvemento
Máis de 25 anos de experiencia no sector de videoxogos. Traballou en títulos como Castlevania, Song of Nunu: A League of Legends Story ou The Invisible Hours. Actualmente é Engineering Manager en EA Madrid.

Ramón Méndez
Localizador, periodista, escritor e docente
Ramón Méndez é doutor en Tradución e Paratradución de videoxogos. Dende 2003, escribe en diferentes medios e ten participado en máis de mil xogos. Conta con varios premios e nominacións. A maiores, é profesor da Universidade de Vigo e conta con varios libros publicados.

Ricardo Guzmán Velasco
Tech Lead & Tech coach
Desenvolvedor freelance que participou na aprendizaxe técnica de equipos de clientes tan heteroxéneos como Activision, Keplerians ou Under the Bed.

Rubén Luna (Rubfish/Rafles)
Artista de VFX
Traballou en títulos como League of Legends, Go Mecha Ball, Windblown e máis.

Sara Cubelos
Arquitecta e Senior Environment artist
Sara Álvarez Cubelos é unha arquitecta e deseñadora de videoxogos española cunha traxectoria que combina a arquitectura e o deseño dixital. Obtuvo o seu título na Escola Técnica Superior de Arquitectura de A Coruña e traballou en estudios como os de José Ramón Garitaonaindía, Alberto Noguerol e OAU Urbanismo. En 2017, decidiu orientar a súa carreira cara a industria dos videoxogos, incorporándose a Gato Salvaje Studio, onde participou no desenvolvemento de The Waylanders. Dende 2021, forma parte de Hexworks, con sede en Barcelona, contribuíndo ao deseño de escenarios de Lords of the Fallen, lanzado en 2023. Actualmente, continúa traballando en novos proxectos da compañía.

Xosé M. Rey
Avogado experto en dereito dos videoxogos
Avogado, socio de Datalawyers, con máis de 15 anos de experiencia asesorando a estudos e publishers de videoxogos a nivel internacional. Profesor en diversos máster de videoxogos e incubadoras de proxectos no sector. Participou, como coautor, no primero tratado de dereito dos videoxogos, editado por Aranzadi en 2023.