PREGUNTAS FRECUENTES
Qué é Atlantic Games Conference?
Atlantic Games Conference é un evento profesional de charlas e networking orientado ao sector do desenvolvemento de videoxogos. Coa intención clara de convertirse nun evento de referencia en Galicia, Atlantic Games Conference busca contribuir á consolidación da comunidade de desenvolvedores local e ser un punto de encontro onde estos poidan darse a coñecer e poñer cousas en común con desenvolvedores, creadores e afeccionados de toda a península. Esta primeira edición estará focalizada en ofrecer charlas de profesionais de primeiro nivel, nas que se amosará o excelente traballo de profesionais tanto de Galicia como do resto da península e de Europa. Esta primeira edición está organizada polo Concello de Carballo e dirixida e producida por Sara Pérez Lantes e o estudio de desenvolvemento Ao Norte.
Cando e onde é?
4 e 5 de Abril no edificio Fórum de Carballo, A Coruña
Cómo chego a Carballo?
Hai autobuses Arriva dende A Coruña, o horario está dispoñible no sitio web de Arriva. Dende Santiago de Compostela tamén hai buses con menor frecuencia, pódense consultar na páxina de Transporte Público de Galicia. Máis información na sección Transporte. Pronto publicaremos información nas nosas redes sociais sobre un autobús gratúito para asistentes dende Santiago de Compostela, fletado pola organización.
A quen vai dirixido este evento?
Principalmente a profesionais e estudantes de desenvolvemento de videoxogos. Sen embargo, o acceso será libre para que calqueira afeccionado poida achegarse a coñecer o sector.
Cómo podo conseguir entrada para o acceso ás charlas?
A través de Eventbrite, na ligazón da sección Entradas a partires do Martes 25 de Febreiro ás 13:30.
A entrada é gratuita?
Si, a entrada é gratuíta! A entrada á zona de stands será libre. O acceso ás charlas será gratuito tamén pero será necesario presentar entrada para control de aforo.
Hai actividades ademáis das charlas?
Sí! Serán anunciadas próximamente nas nosas redes sociais.
O sitio do evento é accesible?
Sí, o edificio está adaptado pero si tes dudas concretas sobre accesibilidade podes contactarnos.